366 vivendas e empresas de Boqueixón contarán en breve con conexión a Internet de alta velocidade

1 minutes read

O alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín, á fronte do grupo de Goberno municipal, recibiu ao delegado del Goberno en Galicia, José Miñones, e á subdelegada na provincia da Coruña, María Rivas, a quen agradeceu “que viñera a Boqueixón a presentarnos algúns proxectos e informarnos sobre o estado de tramitación de certos investimentos que temos solicitado de fondos Next Generation e que son moi necesarios para o concello”.

José Miñones reafirmou o gran impacto que está a ter o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno nos pequenos municipios. “Boqueixón é un exemplo de como o Goberno fai chegar o Plan de Recuperación a todo o territorio do noso país”, sinalou. Durante o encontro, o delegado do Goberno avanzou que o Programa Único Banda Ancha posibilitará a conexión de alta velocidade de 163 puntos nos que se localizan 366 vivendas e empresas de Boqueixón.