O servizo dá problemas en varios países de Latinoamérica e en Estados Unidos, onde se celebra Acción de Grazas
Facebook, WhatsApp e Instagram sufriron durante a tarde deste xoves unha nova caída e diversos fallos a nivel internacional, concretamente en Estados Unidos e en gran parte de Latinoamérica.
Polo momento, non se fixeron públicas as causas deste fallo, aínda que é posible que teña que ver coa sobrecarga do servizo ao tratarse do día de Acción de Grazas, un evento similar á Noitevella, onde as mensaxes de felicitacións son masivas.
We’re aware that some people are currently having trouble accessing Facebook’s family of apps, including Instagram. We’re working to get things back to normal as quickly as possible. #InstagramDown