43 mortos e preto de 2.000 persoas contaxiadas de coronavirus en Galicia

1 minutes read

As dez vítimas rexistradas este xoves elevan a 43 o número de mortos con coronavirus en Galicia.

Na última actualización, o número de casos de coronavirus ascende a case 2.000; deles, a maior parte son das áreas sanitarias da Coruña e de Vigo, seguidas das de Santiago, Ourense, Pontevedra, Lugo e Ferrol.  

Do total de pacientes positivos, 91 permanecen en UCI, 520 están en unidades de hospitalización e 1.377 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 54 altas de pacientes.

Os últimos falecementos corresponden a cinco homes e unha muller. A muller, de 89 anos estaba ingresada no Policlínico da Rosaleda, en Santiago. O último dos homes falecidos tiña 57 anos e estaba no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. Os outros catro son un de 63 anos, que estaba ingresado no Hospital Universitario de Ourense; ademais doutro de 74 anos ingresado no Hospital de Montecelo; outro de 87 anos que estaba ingresado no hospital A Rosaleda en Santiago, e outro home, tamén de 87 anos, que estaba ingresado en Ferrol. Segundo informa o Sergas, as seis vítimas tiñan patoloxías previas. 

O número de probas PCR realizadas ata hoxe é de 8.805.