388 escolares carballeses participan nunha nova edición do programa ‘Aprende a través do surfing’

1 minutes read

Os nenos e nenas de Carballo aprenden sobre medio ambiente, integración social, protección da natureza, deporte e benestar, e todo grazas ao surf. Isto é posible a través do proxecto Aprende a través do surfing, promovido pola Federación Española de Surf coa colaboración do Concello de Carballo, e que nesta edición conta cunha participación inicial de 388 alumnos e alumnas de primeiro a sexto cursos de primaria dos colexios Nétoma-Razo, Gándara-Sofán, A Cristina e Xesús San Luís Romero.

O programa arrinca este martes coas actividades nos centros formativos, que se desenvolverán co seguinte calendario: CEIP A Cristina, días 11, 12 e 13 de abril; Nétoma-Razo, 17 e 21 de abril; Gándara-Sofán, 18, 19 e 20 de abril, e San Luís Romero, 24 e 25 abril. Do 2 ao 26 de maio levaranse a cabo as actividades na praia.

Fomentar a cultura acuática e marítima, mellorar a seguridade nas praias, crear un vínculo co mar que permita comprender mellor a súa relevancia, recoñecer as ondas coma un ben de gran valor para a comunidade, crear unha rede do mar, introducir no ensino a perspectiva de medio ambiente e transformación social e formar axentes de cambio que axuden á sociedade a facer unha transición cara unha forma de vida máis sostible son os grandes e ambiciosos obxectivos desta proposta educativa, organizada dende a área de Turismo.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?