3ª | O Paiosaco consuma o descenso a Preferente | O Fisterra cae derrotado en Ourense


O CD Barco afrontaba este domingo a primeira das súas 6 finais na loita pola salvación de categoría. Polo que o Paiosaco debía ser un rival para bater en Calabagueiros, unha escuadra, a de Juan Riveiro, que chegaba practicamente desafiuzada, consumouse o feito e o conxunto local non só gañou sinó que goleou ao Paiosaco 5-0, o que leva irremediablemente á entidade larachesa a Preferente.

Ourense CF – Fisterra

Os ourensáns venceron por 3-0 ao conxunto da Costa da Morte no encontro correspondente á 7ª xornada do Grupo de Permanencia da Terceira División disputado na tarde do sábado no campo do Couto. Tras este resultado, o Ourense CF segue liderando o grupo de permanencia con 44 puntos, con 9 de distancia sobre o descenso á espera do resto da xornada e a próxima xornada visitará ao CD As Pontes. Pola súa banda a SD Fisterra ocupa a sétima posición, a 6 puntos do primeiro posto de salvación, que a día de hoxe ocupa o CD Barco, ao que recibe a próxima fin de semana en Ara Solis.