3ª | Perden Bergantiños e Fisterra, o Paiosaco empata

Pouca sorte para os equipos da Costa da Morte que militan na terceira División Grupo 1. Este domingo xogaron os seus respectivos partidos correspondentes á Xornada 22. O Somozas demostrou no Alcalde Manuel Candoncia porqué é terceiro e candidato ao ascenso, sacouse a espiña do partido de ida e logrou os tres puntos á conta do Bergantiños F.C. Nunha primeira parte igualada, os goles chegaron no segundo tempo, marcando o 1-0 o Somozas no minuto 49, empatou Duque para o conxunto carballés no minuto 56 e tres máis tarde o Somozas conseguía o definitivo 2-1 e os tres puntos.

Derrota contundente tamén a que encaixou a SD Fisterra na casa ante o Estudantil. Desde o primeiro minuto o equipo do recentemente estreado no banco Juan Porrúa, tivo que ir a remolque tras un gol temperán do xogador visitante Chiño. Ramos empataría a contenda antes do descanso e o Fisterra tería boas ocasiones pero non as materializou. O Estudantil non perdoou as súas e con dous goles máis deixou un sabor agridoce para o conxunto fisterrán, 1-3.

Pola súa banda o Paiosaco-Hierros fíxose un equipo sólido na casa ante As Pontes, sobre todo na primeira parte do partido. logo na segunda metade veu un pouco abaixo, pero o conxunto visitante tampouco foi quen de materializar ningún gol, ao final encontro sen goles, 0-0.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha