40 persoas descubriron este venres Ponteceso cunha nova etapa de ‘Camiñar na noite’

Concello de Ponteceso

  • A próxima andaina será este venres 22 e haberá que inscribirse previamente.

A iniciativa municipal ‘Camiñar na noite’, a través da cal é posible coñecer o concello de Ponteceso desde outra perspectiva, celebrou este venres a súa segunda etapa con 40 participantes. A actividade contou ademais cunha actuación musical por parte do grupo Xa Era Hora e unha chocolatada na sede da Asociación Cultural Monte Branco.

A próxima ruta está programada para este venres 22 e será preciso inscribirse previamente, de luns a xoves, no rexistro xeral do Concello ou na oficina municipal de Corme, así como a través da sede electrónica municipal.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha