400 corredores/as participarán este domingo na Carballo Trail Race

1 minutes read

Despois dun ano de ausencia, o Carballo Trail Race volve con toda a forza que lle dan as 400 persoas que participarán na carreira, organizada polo Concello de Carballo co apoio loxístico da Asociación Deportiva Media Ducia e a colaboración de Gadisa, Míster Nutrición e a A.C. San Campio de Cances. En representación de todas elas, empresas, entidades e institucións, este xoves participaron na presentación da proba Esteban Rostro, director do Centro Comercial Bergantiños-Gadis Híper; Techo Vales e José García Gesto “Socio”, de Media Ducia; Manolo Varela Bardanca, técnico de Deportes do Concello de Carballo; Marcos Trigo, concelleiro de Deporte, e Evencio Ferrero, o alcalde.

Os/as participantes recollerán os seus dorsais no Mercado Municipal e subirán aos autobuses que os trasladarán ata Razo. A carreira empeza a pé de praia, cun treito de un quilómetro por area, e dende alí inicia o ascenso pola Senda dos Pinos do Mar ata o veciño concello de Malpica. Dende alí arrinca a subida cara o Monte Neme, onde está situado o quilómetro 8, e comezaría o descenso cara Cances, “onde remata o trail curto, que ten 12 quilómetros e 500 metros de nivel positivo”, engadiu Techo Vales. “Os máis valentes farán o trail longo, continuando dende alí polas proximidades das ribeiras do río Anllóns ata chegar á vila de Carballo, na que entrarían polo paseo do Anllóns para rematar na Praza do Concello”, explicou o representante de Media Ducia.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?