400 nenas e nenos galegos iniciarán este ano curso nas casas niño


A conselleira de Política Social, Fabiola García, destaca a calidade asistencial deste modelo, unha iniciativa posta en marcha pola Xunta en 2016 e que este curso acollerá xa un total de 400 nenas e nenos de toda Galicia.

A conselleira sinala que estes centros puideron iniciar este curso escolar con todas as garantías gracias ao esforzo das súas responsables e á axuda do Goberno galego. Neste sentido, asegurou que as familias poden estar tranquilas porque a calidade dos coidados mantense impecable, tal e como acontecía antes da pandemia, ao contar con profesionais formados e instalacións perfectamente acondicionadas.

Fabiola García lembra que a Xunta segue a apostar por estes servizos de conciliación totalmente gratuítos para as familias por teren demostrado ser un recurso moi valorado desde a súa implantación. Mostra diso é que o Goberno galego lanzou unha orde que permite chegar ao 100% dos concellos galegos que carecen de centros de conciliación, e que vén de autorizar a posta en marcha de 13 novos centros que se sumarán aos 68 xa en funcionamento.