41 concellos sen bancos terán caixeiros automáticos

1 minutes read

52.000 persoas en Galicia non teñen no concello onde viven un banco ou caixa para facer as súas xestións. Para evitarlles desprazamentos a Xunta anuncia que vai licitar a instalación de caixeiros automáticos nos 41 municipios onde non hai oficinas, a maioría deles na provincia de Ourense. Así poderán realizar operacións básicas, como sacar ou ingresar cartos, actualizar cartillas ou pagar recibos.

Feijóo dixo que están agardando que se formen os gobernos locais para acordar con eles esta medida, porque a idea da Xunta é instalar os caixeiros en edificios municipais.

Declaracións de Feijóo tras o consello da Xunta.