41 veciños e veciñas de Frades desfrutaron dunha viaxe de catro días a Navarra


Un total de 41 veciños e veciñas de Frades participaron nunha viaxe de catro días a Navarra organizada polo Concello, en colaboración coa empresa Servicios Integrales de Formación. Unha viaxe na que estiveron acompañados polo alcalde, Roberto Rey, e os concelleiros de Cultura, Juan Carlos Portos, e de Maiores, Jesús Francos.

Ademais de Pamplona, a expedición de Frades visitou lugares emblemáticos da comunidade Navarra tales como Tafalla, Olite, Javier, Leyre, Sangüesa, Ujué, Puente de la Reina ou Estella, así como o pobo rioxano de Santo Domingo de la Calzada. Catro días de visitas guiadas nas que tamén puideron desfrutar da gastronomía e dos viños de Navarra.