42 nadadores da A.D. Fogar compiten esta fin de semana en Carballo e Lugo


Ata o domingo día 27 de novembro, 15 nadadores e nadadoras da A.D. Fogar de Carballo e Oleiros tomarán parte no Campionato Galego Absoluto de Inverno a disputar en piscina de 25 metros nas instalacións lucenses da Frigsa. O torneo autonómico contará coa presenza de 26 equipos e o concurso de 268 nadadores e nadadoras, dos que 140 son homes e 128 son mulleres. En canto á representación do clube confórmana 6 mulleres e 9 homes; entre os que nadarán un total de 49 probas a título individual e as 11 substitucións por equipos nas categorías masculina, feminina e mixta.

Ademáis o sábado día 26 de novembro a Piscina Municipal Carballo Calero de Carballo acollerá a 1ª xornada da Liga Galega de Natación Alevín que congrega ás nenas dos anos 2011 e 2012 e aos nenos do 2009 e o 2010. A competición levarase a cabo dende as 16:00 horas e contará coa presenza de 3 dos equipos da nosa zona (Arteixo, Coruña e Fogar) e 47 nadadores-as, 25 rapazas e 22 rapaces. Para esta primeira xornada A.D. Fogar aliñará un equipo composto por 27 nadadoras-es, das cales 13 pertencen á categoría feminina e os 14 restantes á masculina.