431 persoas incorpóranse en Galicia a un posto de traballo fixo en Correos

1 minutes read

Este luns 23 de outubro comezou a incorporación a Correos das 431 persoas que obtiveron postos fixos operativos en Galicia para realizar labores de repartición motorizada e a pé, prazas en carterías urbanas e servizos rurais, ademais de axentes de clasificación en centros loxísticos e profesionais de atención ao cliente en oficinas.

Delas, 285 desempeñarán labores de repartición motorizada e a pé en carterías urbanas e servizos rurais; 106 ocuparán postos de axentes de clasificación en centros loxísticos e 40 desenvolverán funcións de atención ao cliente en oficinas.

Por provincias, das 431 persoas, 160 traballarán na Coruña, 84 en Lugo, 46 en Ourense e 141 en Pontevedra.

Coa incorporación destes novos profesionais operativos, Correos segue apostando pola creación de emprego estable como a mellor garantía para ofrecer novos produtos e servizos, tanto de administracións públicas como de empresas privadas, e facilitar a vida á toda a cidadanía.