44 líderes europeos debaten en Praga o futuro de Europa

44 líderes europeos reuníronse en Praga para a recentemente nada Comunidade Política Europea. Con dous grandes ausentes: Rusia e Bielorusia. Trátase do primeiro encontro dun formato político aínda por definir para debater o futuro do continente, especialmente no referente á seguridade. A guerra en Ucraína centrou o encontro. O presidente de Ucraína, VolodímirZelenski participou via videoconferencia e asegurou que «se ten que gañar a guerra para evitar que os tanques cheguen a Praga». A enerxía tamén tivo o seu lugar no debate. Noruega, o maior provedor de gas en Europa, prometeu traballar para estabilizar os mercados. LizTruss, a nova primeira ministra británica tamén asistiu ao encontro. Aínda que lembrou que a nova comunidade non é unha alternativa á UE senón outra forma de participar no debate político.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha