45 bolsas de 3.500 euros para deportistas da provincia da Coruña

A Deputación da Coruña, no seu labor de promoción, difusión e apoio ao deporte coruñés, concede este ano 45 bolsas deportivas de 3.500 euros destinadas a deportistas da provincia que destaquen en competicións federadas a nivel rexional, nacional e internacional.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, afirmou que «ademais de premiar o esforzo e a excelencia dos deportistas coruñeses, a Deputación quere colaborar con elas e eles para que poidan desenvolver todo o seu potencial, ter acceso á mellor preparación e competir ao máis alto nivel».

«As bolsas para deportistas da Deputación pretenden ser unha axuda para que estes mozos e mozas sigan colleitando éxitos para o deporte coruñés», apuntou o presidente da institución provincial.

Tamén a deputada responsable da área de Deportes, Cristina Capelán, destacou a importancia destas axudas «para apoiar o traballo diario» das persoas deportistas da provincia e darlles a oportunidade de continuar participando en competicións do máis alto nivel.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha