Sete persoas morreron por coronavirus nas últimas horas en Galicia, elevando o número de falecidos a 50. Un home de 72 anos hospitalizado no Álvaro Cunqueiro foi a vítima mortal número 50 con coronavirus en Galicia. Este venres faleceron outros seis homes, un deles, de 96 anos, na residencia de maiores de Castro Caldelas, na provincia de Ourense, outro de 50 anos no CHUAC, tamén un home de 84 anos que estaba ingresado no CHUS e tiña patoloxías previas. Outro home faleceu no hospital de Montecelo, en Pontevedra. Trátase dun home de 90 anos que estaba ingresado no hospital de Montecelo e dera positivo por coronavirus. Segundo confirman fontes sanitarias o ancián tiña varias patoloxías previas. Dos pacientes diagnosticados, 98 permanecen en UCI, 556 están en unidades de hospitalización e 1.557 no domicilio.
42