Un total de 463 tendas da Coruña uníronse a este programa posto en marcha desde a Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación co obxectivo de fomentar o comercio de proximidade. Por provincias, A Coruña é a que conta con máis comercios adheridos, con 2.615.
A iniciativa, deseñada en colaboración coa Federación Galega de Comercio, enmárcase dentro do Plan de medidas específicas de apoio ao comercio galego, que conta con axudas específicas para incentivar o consumo e apoiar a modernización do sector a través da dixitalización e o comercio en liña.
A maioría dos comercios que se uniron a esta iniciativa pertencen ao sector textil e de calzado; aínda que tamén teñen gran presenza as librarías; salóns de peiteado e barberías; e os establecementos de venda de electrodomésticos e outros aparellos de uso doméstico.