47 nenas e nenos iniciaron o curso no Horto Infantil Ecolóxico Municipal de Carballo


  • Tan só quedan 3 prazas vacantes, polo que as familias interesadas poden presentar solicitude descargando e cubrindo o impreso que poderán atopar na web municipal.

Nestes primeiros días de actividade a experiencia xa está resultando moi produtiva para os grupos de infantil e primaria, que estiveron a regar e a preparar o terreo para os cultivos de tempada. Máis adiante sumaránselles outros 15 nenos e nenas de 3 anos, que para daquela terán como “mestres” aos compañeiros e compañeiras máis maiores.

O Horto Infantil Ecolóxico Municipal é unha iniciativa da Concellería de Promoción Económica para poñer aos nenos e nenas en contacto coa natureza e a terra, poñer a disposición das familias unha ferramenta de apoio ao labor educador e formativo dos centros de ensino e converterse nun laboratorio de novas ideas e técnicas que fomenten o espírito emprendedor dende a infancia.