49 nenos e nenas participan nun campamento urbano na Laracha

O Concello da Laracha empezou esta semana co seu programa de actividades de verán, que inclúe propostas especialmente dirixidas aos nenos como medio de ofrecerlles a eles alternativas para o aproveitamento do seu tempo libre e, aos seus pais, unha axuda para a conciliación da vida persoal, familiar e laboral durante as vacacións do verán.

Nesta semana estase a levar a cabo o campamento urbano no que participan case medio centenar de nenos de idades comprendidas entre os catro e os seis anos. Desde o luns e ata o venres realizarán diversas actividades educativas, deportivas e ludo-recreativas nas instalacións do pavillón do IES Agra de Leborís durante toda a mañá, desde as 9:30 ata as 13:30 horas.

O programa do campamento urbano inclúe obradoiros de cociña, , reciclaxe e chapas, ademáis de xogos deportivos e tradicionais. Na xornada deste martes tamén tiveron unha charla na que lles explicaron como tratar aos cans e interactuar con eles. O venres será a despedida cunha festa de fin de campamento con inchables.

O alcalde, José Manuel López Varela, e a concelleira Patricia Bello visitaron aos participantes nas propias instalacións nas que se realiza o campamento urbano.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha