5.200 visitantes pasaron pola feira da enerxía en Silleda

1 minutes read

Enerxétika 2022 pechou este sábado as portas da súa terceira edición no recinto feiral de Silleda e por ela pasaron máis de 5.200 visitantes. Profesionais e particulares puideron poñerse ao día das principais novidades das enerxías renovables para o fogar e tamén nos vehículos eléctricos e híbridos. Unha resposta á suba dos combustibles fósiles e da factura eléctrica, é o primeiro que buscaban os consumidores que nestes tres días acudiron á feira da enerxía que reuniu arredor de 90 expositores. Desde a organización valoran moi positivamente a celebración desta feira que serviu tamén de punto de encontro profesional, con máis de 80 conferencias e xuntanzas de expertos en diferentes áreas enerxéticas.