Un total de 5.260 establecementos galegos adheríronse ao Bono Activa Comercio posto en marcha para fomentar as compras de proximidade. Os comerciantes tiveron de prazo para formar parte desta iniciativa ata o 31 de maio, manténdose aínda aberto o período para a descarga dos bonos por parte dos clientes.
Esta iniciativa forma parte dunha batería de incentivos destinados á reactivación do consumo, entre os que destacan o Plan Renove Electrodomésticos, o Bono Comercio-Enerxía Peme e as axudas á dixitalización do comercio, cun orzamento de 10 millóns de euros, o Bono Activa Comercio aspira a xerar unha mobilización de 55 millóns, a través de bonos desconto de 30 euros.
Por sectores, a iniciativa tivo gran acollida no téxtil e calzado, con 1.151 establecementos (30% do total); no comercio polo miúdo de libros e papelería (393); e en salóns de peiteado e barberías (332).
126.000 galegos xa descargaron o bono para realizar as súas compras nestes dous primeiros meses, nesta iniciativa, á que se pode ter acceso a través da web bonosactivacomercio.gal, e que continúa aberta para os consumidores.