A Xunta recibiu un total de 5 ofertas de empresas para executar as obras de mellora do firme na estrada autonómica AC-434, ao seu paso polo concello de Laxe, que suporán un investimento de 218.700 euros.
A actuación, cun prazo de execución de 2 meses, prevé a rehabilitación do firme nun treito da AC-434 de preto de 2 km de lonxitude, comprendido entre os puntos quilométricos 0 e 1,9. O obxectivo é mellorar a seguridade e incrementar a comodidade dos usuarios desta vía autonómica.
Realizaranse fresados localizados nos treitos de actuación e reposicións con mestura bituminosa en quente. Ademais, renovarase a sinalización horizontal.
Tamén se reporán as marcas viarias do eixo afectadas polos traballos e todos os cebreados e sinalización. Tamén se pintará o bordo e dotarase de resaltos para mellorar a seguridade viaria.