5 ofertas compiten para executar un muro na marxe do Río Mero en Ponte Peiraio, en Cambre

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, recibiu 5 ofertas para acometer a obra de execución dun novo muro de protección da marxe do río Mero en Ponte Peiraio, no concello de Cambre.

As actuacións obxecto deste contrato, licitadas por preto de 210.000 euros, céntrase nos traballos necesarios para protexer o noiro de sostemento da senda fluvial de Ponte Peiraio, sobre a marxe esquerda da canle do río Mero.

As obras proxectadas por Augas de Galicia teñen por obxectivo a reconstrución do citado muro, protexendo o noiro e detendo a perda de material do terreo. Ademais, acondicionarase a senda fluvial, na que se reporá o pavimento con zahorra artificial.

A execución do muro levarase a cabo por bataches, atacándose o baleirado e construción de muro de dique por nichos alternos, de 2 metros de lonxitude máxima, de xeito que o material non escavado ou muro xa executado exerzan de contraforte para o sostemento do terreo.

Con esta intervención, Augas de Galicia, como organismo de conca con competencias na xestión do risco de inundacións na Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa, actúa para previr e paliar os efectos deste tipo de episodios.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha