’50 anos cambiando a historia do cancro’ chega en xuño ao Museo do Encaixe de Camariñas

Expo AECC

  • A mostra inaugurarase o día 1 na aula Raquel Moreira e poderá visitarse ata o 15 do mesmo mes

A exposición fotográfica 50 anos cambiando a historia do cancro chega a Camariñas da man da Asociación Española contra el Cáncer. Esta mostra é unha oportunidade para descubrir como é un laboratorio por dentro ou os resultados da investigación nesta enfermidade máis destacados dos últimos anos.

50 anos cambiando a historia do cancro poderá verse a partir a partir do 1 de xuño, cando terá lugar unha charla inaugural a cargo de Andrea Rodríguez Alonso, investigadora no Instituto de Investigación Biomédica da Coruña. Será ás 18.30 horas.

A exposición permanecerá ata o 15 de xuño na aula Raquel Moreira do Museo do Encaixe de Camariñas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha