50 participantes na excursión por Cádiz que organiza o Concello da Laracha

A excursión pola provincia de Cádiz que se desenvolve nestes días baixo a organización do Concello volveu rexistrar un rotundo éxito participativo. Grazas a esta iniciativa, un grupo de cincuenta laracheses -acompañados polo alcalde, José Manuel López Varela, e a concelleira de Servizos Sociais, Rocío López- desfrutan desta viaxe dunha semana de duración que comezou o pasado sábado o concluirá o día 11. A excursión lévase a cabo para ofrecer aos participantes unha oportunidade para viaxar, pero tamén para reforzan os lazos sociais e promover o envellecemento activo, entendendo o ocio e a aprendizaxe cultural que implican estas viaxes como unha parte esencial do benestar persoal.

O desprazamento foi en autobús desde A Laracha. Ademais da primeira parada en Mérida, nesta dúas xornadas visitaron Vejer e Jerez de la Frontera. Durante os próximos días estarán noutras localidades como a cidade de Cádiz, Chiclana, Chipiona e Sanlúcar de Barrameda, así como aos coñecidos “Pueblos Blancos” de Arcos de la Frontera, Ubrique e Grazalema.

Con este tipo de propostas dirixidas a persoas maiores de 55 anos, xubiladas ou pensionistas, o Concello reafirma a súa aposta por ofrecer a ese colectivo actividades que lles permitan viaxar, aprender, compartir experiencias e seguir sendo protagonistas da vida social comunitaria.

Related posts

O CCA Carballo entregou as tabletas aos gañadores da campaña “A voltas co cole”

Comezan as actividades da sección dedicada aos colexios de Cee da XII Edición do Programa Ó Mes da Fundación

Corporación e persoal do Concello de Ponteceso renderon homenaxe a Josefa Varela Arán pola súa xubilación