50 rapaces da Laracha gozan da neve en León

0 minutes read

Un grupo de 50 rapaces laracheses de entre 12 e 18 anos de idade están a participar desde este sábado e ata este domingo do programa «Finde na Neve» organizado polo Concello. Están a pasar a fin de semana na Estación de Inverno de Leitariegos (provincia de León) iniciándose na práctica do esquí.