Un grupo de 50 rapaces laracheses de entre 12 e 18 anos de idade están a participar desde este sábado e ata este domingo do programa “Finde na Neve” organizado polo Concello. Están a pasar a fin de semana na Estación de Inverno de Leitariegos (provincia de León) iniciándose na práctica do esquí.