50 sendeiristas de Vilagarcía visitarán Ponteceso o 23 de Marzo


Os primeiros en estrear a nova temporada serán os 50 sendeiristas da Asociación A Xiada en Marcha, de Vilagarcía de Arousa, que o sábado 23 realizarán a ruta homologada PR-G148 “Camiño da ribeira” (Ponteceso-Corme). Trátase dun percorrido de 11.3 quilómetros e de dificultade media, que inclúe algúns dos lugares de maior riqueza natural e beleza paisaxística da vila. O técnico de Turismo do Concello de Ponteceso, Javier Couto, será o guía dos/as participantes desta ruta, que dará comezo ás 10:30 horas, cuxa duración aproximada será de 3,50 h. Unha vez finalizado o percorrido, o grupo aproveitará para coñecer algúns dos recunchos máis fermosos do concello e desfrutar da excelente gastronomía local elaborado cos mellores produtos do noso mar.

Dentro da oferta da área de Turismo, que dirixe Susana Toja, tamén figuran as rutas “Polas ribeiras do Anllóns”, dende Ponteceso ata o refuxio de Verdes, e “Val nativo”, seguindo as pegadas de Eduardo Pondal.