Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller da Rural, a Deputación da Coruña e Fademur organizaron este sábado na Casa da Cultura de Vimianzo un acto conmemorativo que reuniu a máis de 500 mulleres que residen e traballan en diferentes municipios rurais da provincia co obxectivo de «facer visible e recoñecer publicamente o papel decisivo das mulleres no desenvolvemento social e económico do rural galego».
Así o afirmou deputado provincial José Manuel Lage Tuñas, durante o discurso inaugural desta xornada, que contou tamén coa asistencia da presidenta de Fademur Galicia, Rosa Arcos, e da alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, que agredeceu a elección da localidade para a celebración desta xornada.
Recoñecementos ás iniciativas das mulleres no rural
O acto de incluiu unha entrega de galardóns que pretenden recoñecer o labor das mulleres rurais en distintos ámbitos.
O grupo musical A Banda da Loba, a asociación Arte na Palla, a presidenta da Asociación de Mulleres Progresistas de Dumbría, María Rodríguez Mouzo, e a porfesora de Socioloxía da UDC, Rosa Cobo Bendía, foron galardoadas este ano polo seu compromiso feminista co rural.