500 participantes na San Silvestre 2019 en Malpica


O Concello de Malpica despedirá o ano coa celebración da IV edición da San Silvestre malpicá, na que participarán sobre 500 persoas. A saída terá lugar ás 12:00 horas, camiñando ata o punto de inicio, no paseo marítimo. Por primeira vez, a meta estará situada na praia de Area Maior. O único requisito para participar é vestir unha indumentaria típica do Nadal ou do Entroido, constituíndo unha estampa moi característica destas datas. Ata cincocentas persoas despedirán o ano coa faceta máis divertida do deporte. Quince minutos antes da proba absoluta, na que se desputarán as categorías masculina, feminina e homenaxe, a rapazada correrá polas principais rúas da vila. Ao final haberá unha entrega de premios, así como música en directo, a cargo do dúo Calú, txacolí, ribeiro e empanada.