- Será ata o venres.
- Dirixida a persoas maiores, xubiladas ou pensionistas.
- O Concello subvenciona integramente o prezo do transporte en autobús.
Cincuenta e un laracheses está a participar desde este luns na excursión a Ávila e Segovia que organiza o Concello da Laracha para persoas maiores, xubiladas ou pensionistas. Xunto a eles tamén viaxan o alcalde, José Manuel López Varela, e a concelleira de Servizos Sociais, Rocío López.
O autobús partiu o luns desde A Laracha. O primeiro punto de destino foi Segovia, onde se realizau unha visita guiada pola cidade e cunha ampla parada no acueducto.
Este martes visitarán Ávila, onde asistirán a unha festa de baile e animación. O mércores coñecerán as localidades de Pedraza, Sepúlveda e o Palacio da Granja de San Ildefonso.
O xoves irán ao Alcázar de Segovia e ao Palacio Real de Riofrío. O último día, antes de emprender o camiño de regreso, realizarase unha saída cultural á Fábrica de Cristales de La Granja.
Cada participante aboou 245 euros en concepto de aloxamento en réxime de pensión completa. O Concello da Laracha subvencionará integramente o custe do transporte en autobús.