55 establecementos comerciais participan na campaña “Merca co Corazón, Merca en Sada”


O 14 de febreiro, data de celebración de San Valentín, é un día para sorprender á parella cun agasallo ou unha experiencia inolvidable, pero tamén supón unha oportunidade para o comercio local de Sada.

Desde a Concellería de Promoción Económica, Turismo e Emprego, lanzan a campaña  baixo o lema: “Merca con Corazón, Merca en Sada” co obxectivo de dinamizar e poñer en valor o pequeño comercio e dar visibilidade ás ofertas que realizan a través das redes sociais do Concello.

A Campaña, que estará activa ata o día 15 de febrero, conta con 55 establecimientos adheridos, e abarca toda clase de establecimientos comerciais e de servizos: Desde experiencias náuticas, tendas de moda calzado e complementos, ata peluquerías, tendas de alimentación e xogueterías. Nela os comercios adheridos repartirán entre a súa clientela no momento da compra caramelos e tarxetas de felicitación deseñadas para dita actividade.

Segundo a concelleira da área Laura Rodríguez: “Desde o Concello, continuaremos traballando man a man co pequeno comercio para axudar a darlle visibilidade aos negocios de Sada, especialmente con eventos que aumenten as ventas nos mesmos”.