5,9 millóns de euros aos concellos da Costa da Morte do Fondo de Cooperación Local

1 minutes read

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, participou esta mañá, nun encontro de traballo co alcalde de Malpica, Eduardo José Parga, no que que lle trasladou que este concello recibirá este ano 281.000 euros do Fondo de Cooperación Local. Unha partida da Conselleria de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, que se reparte entre todos os concellos da comarca seguindo uns criterios obxectivos pactados coa Federación Galega de Municipios e Provincias.

En concreto, se teñen en conta datos como o número de habitantes, persoas maiores de 65 anos, superficie da localidade e a cantidade de núcleos de poboación. Tendo en conta estes criterios os municipios se dividen en tres grupos: menores de 15.000 habitantes, entre 15.000, e 50.000 habitantes e máis de 50.000.

O delegado territorial informou que a comarca de Bergantiños-Costa da Morte recibirá en total 5,9M€ destes fondos que se sitúan entre os ingresos máis importantes que reciben os concellos para o seu funcionamento, xunto cos ingresos do Estado e o IBI, para garantir o funcionamento dos servizos públicos e para poder facer obras. Os fondos previstos para o 2018 xa están, neste momento, pagados e liquidados.

Nesta comarca os concellos de Cabana de Bergantiños, Camariñas, Cee, Cerceda, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Fisterra, Laxe, A Laracha, Malpica de Bergantiños, Muxía, Ponteceso, Vimianzo e Zas reciben estas axudas dentro dos municipios de menos de 15.000 habitantes e Carballo entran na categoría de menos de 50.000 habitantes.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?