59 usuarios positivos por covid na residencia de Ribadumia

0 minutes read

Preocupación alta na residencia DomusVi de Ribadumia ante os datos de novos contaxios que deixan estos últimos días. Este luns a cifra medraba, cun maior e 12 traballadores máis contaxiados. En total, o foco desta residencia, unha das que rexistra maior incidencia da COVID en Galicia, deixa un balance de 79 persoas infectadas: 59 usuarios e 20 traballadores. «Os traballadores están moi agobiados. Sei dalgún que entra ás 7  da mañá e non chega ata as 11 a casa», afirma un testigo. A maioría dos positivos non presenta síntomas, se ben varios foron trasladados a centros hospitalarios por precaución.