Seis niños da píllara das dunas en Razo-Baldaio, Carballo, conseguiron saír adiante

Píllaras de las dunas_Foto: Ramsés Pérez, Adega

  • Os datos presentáronse nunha xuntanza celebrada este luns polo grupo de traballo sobre esta ave

Malia as dificultades derivadas das restricións, o Grupo Naturalista Hábitat e a Asociación Ambiental Senda Nova localizaron 19 niños da píllara das dunas durante a campaña de seguimento realizada o ano pasado no litoral de Carballo. Dos seis niños que conseguiron saír adiante naceron 17 polos e, segundo os datos contrastados con Conservación da Natureza, tense constancia de oito polos volantóns procedentes de catro deses niños. Os datos presentáronse na xuntanza celebrada este luns polo Grupo de traballo sobre a píllara das dunas para facer balance da temporada 2020 e deseñar o plan de actuación para o 2021.

En canto ás propostas e reivindicacións para a conservación desta ave en Baldaio-Razo, por parte dos membros do grupo aludiuse á importancia de respectar o plan de conservación vixente, que incluso pensan que debería ser obxecto de revisión; de extremar a vixilancia e o control sobre as principais ameazas, como a presenza de cans soltos nas praias; e tamén de seguir apostando pola limpeza non mecanizada dos areais.