60 persoas con discapacidade intelectual traballan con praza fixa no Sergas

1 minutes read

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, participou en Ourense no actos conmemorativos do Día Mundial da Síndrome de Down, no que puxo en valor a profesionalidade das 60 persoas con praza fixa que na actualidade desempeñan o seu labor no Servizo Galego de Saúde. 

Así, avanzou que durante o 2023, o Sergas achegarase ao centenar de persoas nesta categoría, coa incorporación doutras 39 prazas fixas. Ademais, lembrou que na recente convocatoria da Xunta, coa que se reforzará o departamento sanitario con 5.000 novas prazas, haberá outras 53 persoas reservadas para discapacidade intelectual. En concreto, 15 de celadores, 14 de TCAE, 14 de PSX e 10 de administrativo.

Durante o acto, no que tamén se conmemorou o 20º Aniversario da Asociación Down Ourense, e se fixo entrega do VIII Premios Down Galicia, Garcia Comesaña destacou o traballo diario que desenvolven as Fundacións en beneficio das persoas con síndrome de Down, remarcando os avances acadados na súa integración escolar, laboral e, sobre todo, social.