37
A vertedura de xurro procedente dunha explotación gandeira asturiana puxo en alerta aos concellos de Ribadeo e Trabada.
Debeuse á rotura dun colector de saída nunha balsa de xurro nunha gandería do concello asturiano da Veiga. Así e todo, segundo datos do 112, a vertedura non afecta a captación de auga do Eo, posto que este punto se encontra río arriba. Por precaución, pecháronse ao baño as praias en Ribadeo situadas na ría.
As augas das zonas de baño da ría de Ribadeo están a ser analizadas periodicamente para comprobar o seu estado.