600 persoas acuden este sábado á festa dos maiores da Laracha

Festa 2019.

A celebración terá lugar no pavillón do IES Agra de Leborís e volverá contar cun rotundo éxito participativo. A apertura de portas será ás 13:00 h. Ás 13:30 h oficiarase unha misa. A continuación será o xantar e, por último, haberá baile con música en directo.

O Concello volve organizar este evento clásico da programación en torno ao Día das Letras Galegas tras catro anos sen poder levalo a cabo por causa da pandemia do coronavirus. O propósito é facer unha homenaxe ás persoas maiores de 55 anos de idade, xubiladas ou pensionistas, ao mesmo tempo que se lles ofrece unha alternativa de ocio e unha xornada festiva que poderán desfrutar en compañía de familiares, veciños e amigos, reforzando as relacións sociais entre ese colectivo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha