63 microempresas e autónomos de Cedeira beneficiarios do PEL-Reactiva

Concello de Cedeira_Cedida.

O Concello de Cedeira vén de publicar a relación de solicitudes estimadas na convocatoria de axudas do programa PEL Reactiva, impulsado en colaboración coa Deputación da Coruña e dotado no municipio con 137.741€, dos que o 80% son achegados pola institución provincial e o 20% restante polo municipio. Repartiranse un total de 63 axudas a outras tantas empresas e autónomos da localidade ata esgotar os fondos dispoñibles, segundo informou o alcalde, Pablo Diego Moreda Gil, quen destacou que estas subvencións representan un novo empuxón para que os negocios locais poidan superar as dificultades provocadas pola crise sanitaria. As subvencións van dirixidas a negocios que tiveron que paralizar a súa actividade pola covid ou que viron diminuída a súa facturación nun 75% con respecto ao semestre natural.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha