Destes 639 alumnos que participarán 372 son de 1º curso e o resto de 2º de Bacharelato. Estas estadías lévanse a cabo co fin de mellorar as súas competencias nos idiomas inglés, francés, portugués e alemán. Os estudantes seleccionados disporá de tres semanas en réxime residencial ou familiar en Reino Unido, Francia, Portugal, Canadá e Alemaña en agosto. A partir deste momento, o alumnado seleccionado deberá entregar a documentación correspondente seguindo as indicacións dadas na resolución. O programa inclúe unha axuda para as familias a través da que se sufraga entre o 87% e o 50% do custo das estancias dos estudantes no estranxeiro, cun orzamento total que ascende a preto de 2M€. Deste xeito, a Xunta faise cargo de parte dos gastos de contratación dos monitores que acompañan a cada grupo, mantemento e aloxamento, traslados para actividades, docencia e material escolar, actividades culturais, deportivas e complementarias dos cursos, seguros de accidentes e certificado de realización do curso.