64.200 alumnos galegos estudarán o vindeiro curso con libro electrónico

2 minutes read

Un total de 64.200 alumnos de 630 centros educativos estudarán con libro electrónico gratuíto o vindeiro curso 2023-24, tras a incorporación de 34 novos centros ao programa E-Dixgal da Xunta de Galicia. Tal e como publica o Portal Educativo, destes 34 novos centros (12 da provincia da Coruña, catro de Lugo, catro de Ourense e 14 de Pontevedra), 24 incorporan o programa na etapa de Primaria, nove en ESO e un en Primaria e ESO á vez. Ademais, dous centros que xa contaban co programa en Primaria incorpórano para o curso que vén en 1º de ESO. Por provincias, 225 deles están na da Coruña, 102 na de Lugo, 58 na de Ourense e 245 na de Pontevedra.  

Así pois, os colexios e institutos adheridos desenvolven a súa actividade educativa diaria nun entorno virtual de aprendizaxe que lles vai permitir acceder a contidos dixitais totalmente de balde para as familias.  

Para ilo, as aulas contan cun kit de aula dixital composto por pizarra dixital interactiva, proxector e equipo no posto do profesor e conexión á rede de datos do centro. Ademais, cada alumno conta cun ordenador ultraportátil en réxime de préstamo para o seu uso.  

Os participantes no proxecto poden acceder a unha plataforma de Entorno Virtual de Aprendizaxe na que están dispoñibles tanto contidos editoriais diversos para as diferentes etapas como o repositorio de contidos do espazo Abalar que actualmente supera os 1674 recursos. A Xunta continúa traballando na ampliación deste material. 

De igual xeito, os centros teñen á súa disposición o repositorio de contidos educativos dixitais do espazo Abalar, con máis de 2.500 recursos educativos dixitais complementarios en sete idiomas.  

A maiores, o profesorado pode crear, seleccionar ou engadir ao entorno os seus propios materiais. Con estes recursos, os docentes poden elaborar a súa propia mochila dixital seleccionando a través da plataforma os contidos formativos e incorporando os complementarios que desexen, así como outros de elaboración propia. 

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?