65 participantes na fase local do torneo ‘Xogade’ de xadrez celebrada na Laracha

1 minutes read

Un total de sesenta e cinco nenos/as de categorías benxamín, alevín e infantil mixto participaron este domingo pola tarde na Laracha na fase local do torneo de xadrez Xogade, Xogos Deportivos Galegos en Idade Escolar, o programa de actividade lúdico deportiva promovido e financiado pola Xunta de Galicia que se marca como obxectivo brindar aos centros escolares a posibilidade de practicar diferentes disciplinas e competir cos clubs e colexios de toda Galicia.

O evento tivo lugar no baixo da biblioteca da Laracha coa organización do Club Xadrez Arteixo e a colaboración do Concello. Entre os participantes houbo representantes de clubs e escolas municipais da Laracha, Arteixo, Carballo, Baio, Cabana de Bergantiños, Coristanco e Ponteceso.

Por equipos, o Club Xadrez Arteixo foi o gañador nas tres categorías, polo que se clasificou para a fase intercomarcal que se disputará en Cambre o 29 de abril. Pódense consultar todos os resultados nesta ligazón: https://info64.org/xogade-laracha-benxamin/crosstable

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?