Zas prepara un entroido cargado de filloas e actividades

1 minutes read

Será un completo programa de actividades no que teñen cabida todos os públicos, arranca cos obradoiros infantís que se desenvolverán os días 4 e 5 de Marzo no Centro Sociocultural de Zas e no de Baio, dirixidos a nenos e nenas de 4 a 12 anos.

Na tarde do 5 de marzo, martes de entroido, a partir das 16:00 horas no pavillón os máis pequenos desfrutarán da tarde coas sesións de xogos, talleres de maquillaxe e inchables. A troula continuará co tradicional concurso de disfraces no que  se repartirán 1.170 euros en premios  e centos de filloas entre todos os asistentes.

No concurso, haberá un premio especial de 80€ para o mellor “Zaschoqueiro” para o que se terá en conta a orixinalidade, o aderezo artesanal e estrafalario e a súa caracterización polo descaro e o humor.

Para participar no concurso de disfraces é necesario anotarse previamente nas dependencias municipiais ou o propio día do certame antes das 18:00 horas no propio pavillón de Zas entregando debidamente cumprimentado o Anexo I das Bases do Concurso que se poden consultar na páxina web municipal a través do seguinte enlace: http://bit.ly/ConcursoDisfracesZas

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?