0
O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, visitou a piscina municipal para anunciar un investimento de 50.000 euros para levar a cabo a reparación de varios elementos neste edificio. Trenor informou que esta axuda encádrase dentro dunha nova orde de axudas subvencións dirixidas a concellos para a construción, reforma, reparación, adecuación ou mellora de instalacións deportivas de titularidade municipal e para a adquisición de material deportivo inventariable. En total na comarca de Bergantiños-Costa da Morte foron 7 os concellos beneficiados algunha das dúas liñas -instalacións ou equipamentos- ou con ambas as dúas por un importe de máis de 337.000 euros,