A Deputación da Coruña apoia a concellos e entidades da provincia á hora de desenvolver actividades de promoción económica.
O Boletín Oficial da Provincia (BOP) recolle a concesión provisional desta liña de subvencións a un total de 72 organismos, entre os que se atopan 7 da Costa da Morte. As axudas oscilan entre un mínimo de 1.320 euros e un máximo de 15.500 euros.
A finalidade deste programa é dinamizar e poñer en valor a oferta comercial, hostaleira e turística locais a través de múltiples actividades como xornadas, feiras, certames, formacións ou obradoiros. Tamén se dá apoio á edición de guías de empresas e outras publicacións para a promoción económica nos diferentes concellos da provincia da Coruña.
As 7 entidades da Costa da Morte que recibirán axudas son as seguintes:
ASOCIACION CENTRO COMERCIAL ABERTO CARBALLO 12.750,00€
ASOCIACION COMERCIANTES HOSTALEIROS E PROFESIOANIS BARRIO DA MILAGROSA CARBALLO 2.100,00€
ASOCIACION COMERCIO SERVICIOS E INDUSTRIA DA LARACHA 1.320,18€
ASOCIACION COSTA DA MORTE-GDR 5.581,49€
ASOCIACION DE EMPRESARIOS COMARCA SONEIRA 3.380,00€
ASOCIACION DE PALILLEIRAS AS NEMANQUIÑAS DE VIMIANZO 3.120,00€
ASOCIACION DO AUTOMOBIL DE BAIO 2.398,50€