700 participantes na VII Carreira Pedestre de Zas | 1.198 na 10K de Carballo

2 minutes read

Un total de 698 persoas formalizaron a súa inscrición na VII Carreira Pedestre do Concello de Zas que se disputará este sábado pola tarde. A praza da Casa do Concello será o punto de saída e de chegada das seis probas que discorrerán por diferentes parroquias do municipio.

En canto ás participacións por categorías, a proba con maior participación é a 10K na que están cofirmados 298 deportistas. Séguelle a 3K Contra o Cancro, con 198 participantes; mentras que nas categorías inferiores participarán 200 corredoras e corredores de diferentes idades. O servizo de entrega de dorsais estará operativo a partir das 15:00 horas. Estes son os horarios de saída:

16:30 horas: Benxamín
16:45 horas: Alevín
17:30 horas: Absoluta 3K Contra o Cancro
17:32 horas: Infantil – Cadete – Xuvenil 
18:15 horas: 10K Sénior – M40 – M50
19:30 horas: Pitufos

Na seguinte ligazón podes consultar os percorridos de cada unha das probas: https://racemapp.com/proyecto/364-carreira-pedestre-concello-de-zas

7º Circuito Correndo pola Costa da Morte

A VII Carreira Pedestre do Concello de Zas forma parte do 7º Circuito Correndo pola Costa da Morte no que participan dez municipios da comarca e que este ano ten a Teresa Castro Villaverde como madriña.

10K Carballo

Este domingo 5 de xuño volve tamén a 10k Carballo, 1.198 deportistas de todas as categorías correrán polas rúas da vila, 487 deles/as na carreira absoluta de 10.000 metros homologados. O concelleiro de Deporte, Marcos Trigo; o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos, e o alcalde, Evencio Ferrero, presentaron o evento.

Momento da presentación_Concelo de Carballo.
Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?