A Unión Europea e o xigante farmacéutico francés Sanofi están preto de lograr un acordo para reservar 300 millóns de vacinas contra a COVID-19. As doses poderían estar listas na primeira metade de 2021. As «conversacións preliminares» deste venres serviron para selar un acordo de compra anticipada da futura vacina. A Comisión financiará por adiantado unha parte do custo de produción da mesma. A presidenta da Comisión, Ursula von der Leyen, lembrou que Bruxelas está en negociacións avanzadas con varias compañías máis. O anuncio da Comisión chega despois de que Sanofi e a británica GlaxoSmithKline, que traballan xuntas nunha vacina, informasen hoxe de que asinaron un contrato co Goberno de EE. UU. polo que este financiará con 2.100 millóns o desenvolvemento dunha vacina a cambio de recibir 600 millóns de doses unha vez estea lista.
35