73 bolseiros comezan a súa formación nos arquivos, bibliotecas e museos autonómicos

Un total de 73 bolseiros comezarán este verán a súa formación especializada nos ámbitos de arquivos, biblioteconomía e museoloxía nos arquivos, bibliotecas e museos autonómicos. No caso dos arquivos, os beneficiarios son un total de 20 persoas que mellorarán a súa empregabilidade e dotarán ao sistema arquivístico galego de traballadores especializados.
A partir do 1 de xullo os bolseiros realizarán actividades de formación relacionadas cos procesos técnicos no ámbito dos arquivos e os seus fondos documentais. Traballarán tanto en arquivos do Sistema de Arquivos como nos servizos centrais da Consellería de Cultura. Estas bolsas terán unha duración de seis meses, con posibilidade de prórroga por outros seis. Concedéronse en réxime de concorrencia competitiva e na valoración tívose en conta a titulación académica, a formación complementaria e a asistencia a congresos, xornadas e seminarios.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha