76 nenas e nenos do CEIP Bergantiños visitaron a casa do concello de Carballo

1 minutes read

Despois da visita que realizou semanas atrás o alumnado de segundo curso de primaria, este mércores foi a quenda da rapazada de terceiro, e xa está programada outra visita dos de cuarto curso para o mes que vén. 

Esta visita comezou coa recepción dos 76 nenos e nenas no salón de plenos por parte do alcalde, Evencio Ferrero, que nesta ocasión estivo acompañado polo concelleiro Luis Lamas e que, como é habitual, tivo que responder a todo tipo de preguntas, unhas máis persoais e outras máis relacionadas coa súa actividade política.

O percorrido polas instalacións municipais incluíu distintos departamentos e rematou nas dependencias da Policía Local, que son as preferidas dos escolares, e marcharon todos contentos coas súas mochilas, que esta vez levaban dentro un estoxo. 

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?