8 centros de ensino da comarca participan na introdución da robótica en primaria

1 minutes read

En Camariñas será o CEIP O Areal; En Carballo o CEIP Bergantiños, CEIP de Gándara-Sofán, CEIP Xesús San Luís Romero e CEIP Fogar; En Malpica de Bergantiños o CEIP Joaquín Rodríguez Otero; En Mazaricos o CPI da Picota e en Ponteceso o CEIP Eduardo Pondal. Todos eles desenvolverán este curso o programa de innovación educativa Introdución á robótica educativa en primaria, que ten como obxectivo que o alumnado poida iniciarse na experiencia de programación básica, robótica e construción.

Este programa enmárcase na estratexia Edudixital 2020 e vai dirixido ao alumnado dos cursos 4º, 5º ou 6º de educación primaria. Cada centro educativo, dentro da súa autonomía, pode integrar a robótica de diversas maneiras: mediante unha materia de libre configuración de centro no marco da normativa vixente, dentro das materias de forma transversal, a través de programas de innovación educativa da consellería de Educación ou obradoiros que se desenvolvan fóra do horario lectivo.

Cada centro docente de nova incorporación seleccionado para desenvolver o programa recibirá unha dotación de material relacionada coa robótica educativa para poder levar a cabo o proxecto, que estará formada por 6 robots de uso educativo, adecuados ás idades do alumnado, 6 kits de construción que permitan a realización dun mínimo de 5 proxectos diferentes, un manual de uso e unha guía didáctica.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?